10 de noviembre de 2009

Gadis. A loita cobra nova dimensión.


O Conflicto de Mercadona parece repertirse con Gadis. Os nosos compañeiros de Valladolid non dan a batalla por perdida e agora parecen dispostos a dirixirse xa a todos os que traballan nesta empresa na provincia, e así, convocan a unha asamblea Xeral á totalidade dos traballadores.

Imaxinamos que a empresa non se vai a cruzar de brazos e nos esperan días de tensión.

Nós reproducimos aquí o boletin e a convocatoria xa que nos sabemos observados pola Dirección da Central, e en Betanzos non podemos quedar calados.

Descarga o boletin en pdf . Moi interesante. En Galicia xa empezamos a organizarnos nesta empresa...

9 de noviembre de 2009

Crítica do Sindicalismo subvencionado.

O Sabado 7 quedou inaugurado "oficialmente" o noso local. E que mellor xeito que facelo invitando a Juan Armada (Sec. Xeral da CNT de Vigo).
A súa conferencia sobre o Sindicalismo mal chamado "maioritario" que negocia en nome de todos os traballadores aínda non habendo máis dun 12% de afiliación sindical, e que grazas a lexislación e a politica de subvencions, xoga un papel determinante na chamada Paz Social, serviunos a afiliados e simpatizantes para entender a necesidade dun sindicato coma a CNT para rachar coa situación actual, onde a clase traballadora perde día a día, conquistas de máis dun século.
Tras a conferencia, unha animada charla e uns momentos para a confraternización entre os asistentes.

6 de noviembre de 2009

Para ler: Anarcosindicalista nº 1



Ven de saír a rúa o número 1 de Anarco sindicalista como cabeceira resultado da unión das publicacións Solidariedade Obreira da CNT galaica e do Boletín anarcosindicalista da AIT-SP de Portugal.
Con textos tanto en galego como en portugués, os diferentes sindicatos da Asociación Internacional nas que tanto CNT como AIT-Sp están adheridos demostran como se pode traballar de xeito conxunto por riba das fronteiras artificiáis dos estados.

Podese ler aquí (en formato pdf)

2 de noviembre de 2009

Inauguración Publica do local. Conferencia de Juan Armada.

Un ano despois da presentación pública da CNT en Betanzos e despois de dous meses de actos internos (Pleno de Sindicatos, Cursos de Formación...). A CNT de Betanzos inaugura de forma pública o seu local coa presencia do noso compañeiro Juan Armada (Actual Sec. Xeral da CNT de Vigo).
O Conferencia sobre o estado do sindicalismo na actualidade e a alternativa da CNT será a partir das 12 horas da maña do Sábado 7.

1 de noviembre de 2009

Curso de formación Xurídica-laboral

Na foto: Rita Giraldez, momentos antes do comenzo do Curso.

Ao longo de todo o Sábado tivo lugar nos nosos locáis un curso básico de Xurídica-laboral. A compañeira Rita Giraldez (Secretaria de Acción Sindical da CNT Compostela) explicounos con exemplos prácticos a normativa,reglamentos, convenios e contratos que marcan a nosa vida laboral.

Durante 8 horas, vimos diferentes sentencias, convenios, conflictos nos que participou a CNT e as mellores maneiras de afrontalos. O coñecemento destes temas fixeron que os afiliados/as participantes saíramos confiados de que agora estamos mellor preparados.
Os despidos improcedentes e nulos, os contratos en fraude de lei, e os abusos patronáis precisan de militantes preparados e dun sindicato como CNT que fai da Acción Sindical Directa un dos seus eixos.
Gracias Rita. Todo un exemplo de Compañeira.

26 de octubre de 2009

A CNT de Betanzos nas "redes sociais"

Aínda non sabemos que podemos sacar en limpo de este tipo de "pesca" tan novedoso para algún de nós, pero que non se diga que os anarcosindicalistas non probamos as novas tecnoloxías.
Deste xeito incorporamonos igual que fixemos hai dous anos co mundo dos "blogs", esta chamada "RED" que pon en contacto entre sí a millóns de persoas no mundo.
De momento e con dous días de vida, xa temos 253 "amigos" que len e comentan as nosas actividades, polo que entendemos que esta ferramenta pode ser efectiva para espallar as Ideas e o modelo organizativo que propoñemos . Unha alternativa aos sindicatos e organizacións xerarquicas,burocráticas e autoritarias, precisa de modelos horizontáis, e as redes poden selo. Todo dependerá de como saibamos traballar con elas.

22 de octubre de 2009

Proximas actividades no SOV de Betanzos


Curso de Formación Xurídica - Laboral. (Gratuíto e para afiliados/as)
Rita Giraldez (Sec. Acción Sindical da CNT Compostela)
Sábado 31 de Octubre. Mañan: de 10 a 14 horas. Tarde: de 16 a 20 horas.

E preciso inscribirse por cuestións de organización, enviando un correo a betanzos@cntgaliza.org


Conferencia Pública de Inauguración do local.
" A alternativa da CNT frente ao Sindicalismo do sistema"
Juan Armada (Sec. Xeral da CNT de Vigo).

Sábado 7 de Novembro ás 12:00 horas.